Edicións Limitadas


MEIGA XX Feira Franca Grisette

Cervexa Edición Limitada estilo Grisette, 4 maltes (de trigo, orxo e avea) e lúpulos Mandarina Bavaria e Warrior

Cervexa dourada de boa retención de escuma e baixa graduación (5º Alc. Vol.). Un sabor afroitado e cun final seco adecuado para a tempada estival. Feita con moito cariño para poder disfrutar antes e durante a Feira Franca.

Marida moi ben con productos do mar.

MEIGA XX Feira Franca FIPA

Cervexa Edición Limitada estilo Farmhouse IPA, 4 maltes (de trigo, orxo e avea) e lúpulos Endeavour e Simcoe

Cervexa ambarina de 6º de boa retención de escuma . Un sabor afroitado cun agradabel amargor grazas aos lúpulos endeavour e simcoe empregados na fermentación. Feita con moito cariño para poder disfrutar antes e durante a Feira Franca.

Marida moi ben con mariscos.

Blackbird&MEIGA IMPERIAL

Cervexa Edición Limitada estilo Imperial Coffee Sotut

Cervexa negra de 9º feita con malte maris otter de alta calidade, e unha mistura de maltes especiais para conferirlle corpo e aroma. Na elaboración usáronse cafés da calidade máis alta de fincas seleccionadas de Colombia, Guatemala e Brasil.

Unha cervexa feita para os amantes do bo café e as boas cervexas negras.