Edición Especial XX aniversario da Feira Franca

Posted By on Ago 29, 2019 |


Levamos 3 anos facendo unha cervexa MEIGA especial para a Feira Franca de Pontevedra. Este ano 2019, a festa cumpre o seu XX aniversario; e para celebralo, pensamos que sería unha boa idea, ademáis de facela en barril; facer unha tirada en botella para que a xente poida disfrutar dela antes do evento; nos negocios de restauración da «Boa Vila».

A MEIGA XX Feira Franca estilo Grisette, é unha cervexa dourada de boa retención de escuma e baixa graduación (5º Alc. Vol.). Un sabor afroitado e cun final seco adecuado para a tempada estival. Feita con moito cariño para poder disfrutar antes e durante a Feira Franca.

«Cando a noite se vaia alongando ata durar case tanto coma o día, cando as flores do viño vello compartan mantel cos acios da nova colleita; cando creas que o verán se está indo a acubillar no manto do outono; cando semelle que a festa esmorece e a luz de Sirius se recolle, garda folgos porque está preto o punto culminante da época estival: a Feira Franca de Pontevedra!»