Edicións Limitadas



MEIGA XX Feira Franca Grisette

Cervexa Edición Limitada estilo Grisette, 4 maltes (de trigo, orxo e avea) e lúpulos Mandarina Bavaria e Warrior

Cervexa dourada de boa retención de escuma e baixa graduación (5º Alc. Vol.). Un sabor afroitado e cun final seco adecuado para a tempada estival. Feita con moito cariño para poder disfrutar antes e durante a Feira Franca.

Marida moi ben con productos do mar.

MEIGA XX Feira Franca FIPA

Cervexa Edición Limitada estilo Farmhouse IPA, 4 maltes (de trigo, orxo e avea) e lúpulos Endeavour e Simcoe

Cervexa ambarina de 6º de boa retención de escuma . Un sabor afroitado cun agradabel amargor grazas aos lúpulos endeavour e simcoe empregados na fermentación. Feita con moito cariño para poder disfrutar antes e durante a Feira Franca.

Marida moi ben con mariscos.

Blackbird&MEIGA IMPERIAL

Cervexa Edición Limitada estilo Imperial Coffee Sotut

Cervexa negra de 9º feita con malte maris otter de alta calidade, e unha mistura de maltes especiais para conferirlle corpo e aroma. Na elaboración usáronse cafés da calidade máis alta de fincas seleccionadas de Colombia, Guatemala e Brasil.

Unha cervexa feita para os amantes do bo café e as boas cervexas negras.

Meiga TnT edición 2020 75cL

Cervexa Edición Limitada estilo Quadrupel APA 

Cervexa Pale Ale estilo americano de 12º feita con malte maris otter de alta calidade, e unha mistura de maltes especiais que lle confiren unha cor ambarina. A espuma persistente e a graduación ben integrada ofrece un resultado excepcional para a sobremesa ou carnes asadas.

Un clásico que se fai cada 2 anos con moitos meses de maduración. Unha edición limitada e numerada de 75 botellas de 75cL.

CORTICEIRA en 33cL e 50cL

Hidromel Edición Limitada (1 lote ao ano)

Hidromel feita con mel de castiñeiro de 11º.

Licorosa e semidoce, aporta notas a madeira e vainilla. É unha das poucas hidromeles de Galicia e de España sen pasteurizar nin usar sulfitos, conservando toda a calidade grazas a os procedementos artesanais aplicados en MEIGA para levar todo o sabor e as propiedades organolépticas so consumidor. Moitos meses de maduración ata o seu embotellado final.

Dispoñible unha cantidade limitada cada ano de botellas de 50cL e de 33cL.

TORQUE en 33cL e 75cL

Braggot Edición Limitada (120 botellas 33cL e 25 de 75cL)

Braggot feita con mel de Campolameiro de 5,6º.

O estilo braggot é a alianza perfeita entre o hidromel e a cervexa.

Remóntase séculos atrás, cando a historia tórnase en lenda.

Elaboramos esta receita con maltes «pictas», mel de Campo Lameiro e un lévedo nórdico.

TNT 2022 en 33cL e 75cL

Cervexa Edición Limitada estilo QUAD APA

Cervexa estilo QUAD APA de 12º feita con malte maris otter de alta calidade e lúpulos americanos; de cor ambarina. Potencia sen parangón usando un lévedo nórdico ata o tope da súa tolerancia alcohólica.